O Entroido de Barreiros volve con desfile, actividades e os seus cabezudos
O Entroido de Barreiros volve con desfile, actividades infantís e os seus cabezudos xigantes. O desfile contará con novidades xa que cambia o percorrido, comezando na praza do Concello ás 21.00 horas e finalizando no Centro Social, con 3 puntos de exhibición marcados pola organización. Repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías.
ACTIVIDADES INFANTÍS
Os máis pequenos gozarán de dúas actividades. O domingo 27 a festa infantil de disfraces no pavillón municipal no que participaran animando a festa Os Macanudos, Habelas Hainas e os xigantes e cabezudos, para os que será a primeira saída despois da súa restauración nos pasados meses. O luns 28 será a quenda do obradoiro de máscaras para o cal será preciso anotarse previamente.
OS CABEZUDOS
Na mañá do domingo 27 será a presentación da restauración dos xigantes e cabezudos na que estará presente, entre outros o artista encargado da restauración, Kukas Monicreques, e que será o pistoletazo de saída para os distintos eventos do entroido nos que serán protagonistas.