O encaixe toma Burela nun novo encontro cheo de tradición e convivencia

AMariñaXa
A cita, organizada polas Encaixeiras e o Concello, celebrarase o 17 de maio con demostracións, sorteos, visitas guiadas e animación para público infantil
palilleiras-traballo
Presentación do XV Encontro de Palilleiras de Burela
16 May 2025

Burela prepárase para vivir este sábado 17 de maio o XV Encontro de Palilleiras, unha cita xa consolidada no calendario cultural da vila mariñeira. O evento, promovido pola Asociación Cultural e Artesanal As Encaixeiras en colaboración co Concello de Burela, reunirá a numerosas artesás e visitantes ao longo dunha xornada chea de actividades.

A programación arrancará ás 10.30 da mañá coa recepción das participantes, seguida dunha demostración de traballos en encaixe que se prolongará ata as 13.30 horas. Ás 11.30 está prevista a inauguración oficial do acto, e media hora despois, ás 12.00, terá lugar unha degustación de empanada de peixe e unha visita guiada ao Monte Castelo e á Igrexa da Vila do Medio, dous espazos emblemáticos do municipio.

Tras a pausa para o xantar, entre as 14.00 e as 16.00 horas, retomarase a actividade cunha nova quenda de demostracións artesanais, ás 16.00 h. Xa pola tarde, ás 17.30 celebrarase un sorteo de agasallos entre as persoas asistentes e, finalmente, ás 19.00 horas, será o momento da despedida.

Durante todo o día, a xornada estará amenizada por Arume, e haberá tamén actividades pensadas para os máis pequenos, como globoflexia e pintacaras, co obxectivo de facer do encontro unha festa familiar e participativa.

⚙ Configurar cookies
0.1402759552002