O domingo será a II Quedada Club A Fume de Carozo, de San Cibrao
AMariñaXa
O novo club de trail de San Cibrao, A Fume de Carozo, organiza para o domingo 16 de abril a súa II Quedada para desfrutar da súa paixón
14 Abr 2023
O novo club de trail de San Cibrao, A Fume de Carozo, organiza para o domingo 16 de abril a súa II Quedada para desfrutar da súa paixón por este deporte, o aire libre e a natureza.
Esta cita comezará ás 10.30 horas coa andaina de 6 a 8 quilómetros e con saída dende o Portiño de Morás e chegada a praia de Portocelo. O trail será de 10-12 quilómetros con saída e chegada desde Portocelo.
Para máis información pódese mandar un email a afumedecarozosanci@gmail.com.