O domingo 15 de outubro Trabada acollerá o I Concurso de quebracabezas de Sante

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo acollerá o 1º Concurso PuzzlEO RibadEO para colocar ao pobo no mapa puzzlero desta afición.
puzzle quebracabezas
27 sep 2023

O domingo 15 de outubro Trabada acollerá o I Concurso de quebracabezas de Sante, un evento para desfrutar deste tipo de xogos. A cita é ás 11.30 horas no polideportivo de Sante, á beira do albergue, en Lugar da Igrexa 14, 27766.

Para participar é necesario inscribirse a través do formulario de inscrición da web de Aepuzz. O prezo é de 18 euros por parella, con desconto de 3 euros por persoa socia de Aepuzz. Hai 60 prazas.

Para calquera consulta haberá que escribir un correo electrónico a hola@doctorpanush.com.

Este evento está organizado pola tenda especializada en quebracabezas e xogos de mesa Doutor Panush así como coa colaboración da Asociación de Veciños de Sante e AEPUZZ (Asociación Española de Quebracabezas) e o patrocinio da marca Jumbo.

I Concurso de Puzzle de Sante
0.17700505256653