O Dojo Bushido de Burela será escenario dun curso intensivo de Kung Fu Qi Gong

AMariñaXa
O curso será impartido por Miguel Ángel Rojo Darriba, Director do Departamento Nacional de Kung Fu da RFEK e DÁ
Curso-kung-fu-Qi-Gong-Burela-2025
13 Jan 2025

O próximo 25 de xaneiro de 2025, o Dojo Bushido de Burela, Lugo, será escenario dun curso intensivo de Kung Fu Qi Gong, unha práctica milenaria destinada a equilibrar corpo e mente, impartido polo recoñecido experto Miguel Ángel Rojo Darriba. Será en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Este evento é organizado polo Departamento Nacional de Kung Fu da RFEK e DÁ, e está dirixido tanto a practicantes como a persoas interesadas en profundar nesta disciplina.

O curso será impartido por Miguel Ángel Rojo Darriba, Director do Departamento Nacional de Kung Fu da RFEK e DA, quen conta cunha ampla experiencia sendo 6º Duan de Kung Fu – Taijiquan e 6º Duan de Kung Fu – Qi Gong. A súa sólida traxectoria posiciónao como unha das principais figuras no ensino destas técnicas en España.

Neste curso aprenderase sobre a táboa de Qi Gong dos 5 animais de Wudang, unha práctica que se inspira nos movementos de animais como o tigre, o cervo, o oso, o mono e a grúa para promover a harmonización enerxética e fortalecer o corpo. E tamén sobre a teoría sobre os vasos marabillosos.

Para participar será necesario inscribirse pois tan só hai 25 prazas dispoñibles e que serán asignadas por rigorosa orde de inscrición. Para máis información e inscricións, pódese escanear o código QR dispoñible no cartel ou contactar directamente no teléfono:670 249 554 ou no correo electrónico kungfu@rfek.es.

Este curso é unha oportunidade única para penetrarse na filosofía e práctica do Qi Gong, unha disciplina que combina exercicios físicos, respiración e concentración, e que contribúe ao benestar integral de quen a practica.

0.18596315383911