O documental sobre os segadores da zona de Órrea chega ao Valadouro
AMariñaXa
A Deputación acolle leva á Pontenova a estrea do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.
11 Aug 2023
O domingo, 13 de agosto, ás 22.00 horas a praza de Santa María do Valadouro acollerá a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.
Trátase dun feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por trinta e un homes e mulleres que o viviron en primeira persoa procedentes da parroquia de Santa Comba da Órrea, Riotorto (A Terra de Miranda).
O evento está organizado pola asociación musical A Chocolateira, Concello da Pontenova, Deputación de Lugo e Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea.