O director viveirense Guillermo Vázquez participará no Festival de Málaga
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 Mar 2020
O director viveirense, Guillermo Vázquez, foi seleccionado para participar no Festival de Málaga.
Vázquez participará na sección de curtametraxes coa súa producción Mare, inspirada nun trastorno de sono que ten a súa nai, a narcolepsia.
Mare é a primeira obra de ficción de Guillermo Vázquez e a súa estrea en Málaga será do 13 ao 22 de marzo, e está inspirado na narcolepsia, enfermidade que sofre a nai do director.
Unha rapaza busca a alguén que entrou na súa casa cando se atopa no límite entre o soño e a vixilia. Baseado no cadro The Nightmare de Henry Fuseli, Mare describe unha parálisis do soño segundo o mito do íncubo.