O día 5 arrinca o Mercado dos domingos de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A décimo novena edición do Mercado dos Domingos terá lugar do 5 de xullo ao 11 de outubro os domingos na contorna da praza de abastos en horario de 9 a 14 horas.
32366855_2120112351568162_4086146114917498880_n
3 Jul 2020

A décimo novena edición do Mercado dos Domingos terá lugar do 5 de xullo ao 11 de outubro os domingos na contorna da praza de abastos en horario de 9 a 14 horas. Serán 14 os produtores que acudirán a esta cita coa que se potencia o consumo local. O evento, que está organizado polo Concello e pola asociación A Sucadoira.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou que “como cada tempada nesta época de verán  volve o Mercado dos Domingos, que dará comezo o vindeiro 5 de xullo. Este é un mercado organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Asociación de produtores e produtoras da horta A Sucadoira”.

O edil ribadense contou que “o Mercado dos Domingos é un mercado sostible que sirve de plataforma de venda de produtos ecolóxicos e de proximidade e que terá lugar cada domingo ata o vindeiro 11 de outubro . Este mercado busca promocionar o consumo de local e de proximidade e apoiar a creación de canles de comercialización máis curtas coa clientela e axudar a unha mellora da sostibilidade e  da economía local”. 

Vizoso Galdo dixo que “este Mercado vai celebrarse,coma sempre, os domingos na contorna da praza de Abastos de Ribadeo en horario de 9.00 a 14.00 horas e contará con 14 produtores da zona cunha oferta de produto ben diversificada, procedente da contorna e onde destacan os alimentos de proximidade: horta ecolóxica, pan, ostras, queixo, embutidos, zumes, cervexas, coitelería”. 

O concelleiro nacionalista manifestou que “nesta edición o Mercado dos Domingos,  cumpre 19 anos cun produto de cercanía e de calidade, que é o verdadeiro protagonista, facilitando así a posta en valor da economía de proximidade, potenciando o consumo de tempada, vendendo saúde, sostibilidade e de forma xusta para os produtores da zona”. 

Pablo Vizoso salientou que “o Concello de Ribadeo leva anos apostando por este mercado e anima a toda a veciñanza e persoas visitantes a comprar e disfrutar deste espazo, que sempre é beneficioso para a economía local , para os pequenxs produtorxs da zona e tamén para nós mesmos. Como en cada mercado de Ribadeo, o Mercado dos Domingos será un mercado seguro, que contará con tódalas medidas que se veñen aplicando para garantir a seguridade alimentaria, das persoas vendedoras e tamén dos compradores e visitantes”. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19452309608459