O día 4 de novembro comeza a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá
O día 4 de novembro, sábado, ás 20.00 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o sábado 4 de novembro dará comezo o V Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o concurso o grupo Hipócrita Teatro, de Lugo, coa obra Arte, e rematará o 16 de decembro coa gala de entrega de premios, que incluirá a representación da obra Anacos, de Ítaca Teatro”.
As seguintes representacións do certame serán os días 5, 10, 11, 17, 19, 25 e 26 de novembro e correrán a cargo das compañías Ollomao, de Barreiros; O Torques, de Burela; Alxén, de Salvaterra; Anómico, de Vigo; Carauta, de Santiago; Fauna 113, de Vigo; e Coles, desa localidade da provincia de Ourense.