O día 4 de febreiro comezará a competición de xadrez na Mariña
O día 4 de febreiro ás 10.00 horas comezará a competición de xadrez na Mariña con 3 concentracións, dúas en Foz e unha en Burela. Así, o día 4 de febreiro e o 4 de marzo será no Colexio do Pilar de Foz, e o 18 de marzo nos Castros de Burela.
Xogarase polo sistema suizo de emparellamentos de nove rondas benxamín e alevín e seis rondas en categoría infantil e cadete. A cada xogador asignaráselle un equipo, non podendo contar este con menos de catro ou máis de seis.
Farase a clasificación final por equipos, para esta teranse en conta os resultados dos catro primeiros xogadores de cada equipo. A clasificación final en todas as categorías, será mixta ou feminina
Os participantes que cheguen despois das 9.45 horas ás concentracións no poderán competir na 1º rolda desa xornada. Só os árbitros designados por categorías controlarán as distintas partidas. Durante elas no se permitirá que se acheguen pais nin outras persoas alleas á organización.
Para participar será necesario anotarse a máis tardar o venres 27 antes das 12.00 horas, para ir organizando a competición.