O día 28 de xaneiro Vegadeo vivirá un simulacro de emerxencia

AMariñaXa
Aínda que Vegadeo non se atopa entre os concellos afectados, a administración autonómica puxo en marcha un sistema de alertas chamado EsAlert
concello-vegadeo
25 Jan 2025

Aínda que Vegadeo non se atopa entre os concellos afectados, a administración autonómica puxo en marcha un sistema de alertas chamado EsAlert para informar sobre emerxencias.

Así, o vindeiro martes 28 de xaneiro haberá un simulacro de emerxencia en toda Asturias ás 10.30 horas. Este exercicio abrangue 39 concellos e busca mellorar a resposta ante emerxencias.

Realizarase un simulacro que enviará mensaxes de proba aos móbiles nas áreas afectadas, incluíndo aviso vermello por neve e recomendacións como: evitar desprazamentos, informarse e seguir indicacións das autoridades.

A mensaxe incluirá un aviso vermello por neve e medidas de actuación como evitar desprazamentos, manterse informado e seguir as indicacións das autoridades. Este é un simulacro, polo que non se debe alarmar.

A notificación ocupará toda a pantalla do móbil, acompañada dun son e vibración. O simulacro afectará 39 concellos e preto de medio millón de habitantes. O obxectivo deste exercicio é mellorar a resposta fronte a emerxencias e familiarizar á poboación co sistema de alertas. As zonas afectadas inclúen concellos da área central, os vales mineiros, a cordilleira e os Picos de Europa.

0.12482595443726