O día 17 de decembro comezan as actividades de Nadal en Xove
O día 17 de decembro comezan as actividades de Nadal no Concello de Xove que este ano conta cunha programación diferente e variada para todos os públicos.
Dará comezo coa III Gala do emprendemento local que será ás 20.30 horas no salón de actos do centro cívico o día 17, un acto que contará coa interpretación musical de Ugía Pedreira.
O sábado 18, o pavillón de deportes acollerá o musical Un conto de Nadal, e o luns 20 e o martes 21 ás 18.00 horas no centro cívico haberá dous espectáculos infantís, Abetiño soñaba co Nadal e O axudante de Papá Noel, respectivamente.
O mércores 22 a partir das 18.00 horas os nenos poderán desfrutar dunha festa infantil e a visita de Papá Noel e dunha chocolatada gratuíta ao final.
O xoves 23 ás 19.00 horas haberá un concerto de Nadal a cargo da Escola Municipal de Música de Xove no centro cívico, e o domingo 26 ás 19.00 horas será o dos Acordeonistas da Mariña.
A semana Lecer Braco será do 27 ao 30 de decembro en horario de 10.00 a 13.00 horas e está organizada pola Anpa Pedro Caselles Rollán.
O martes 28 será a quenda dunha escape room virtual para a que haberá que inscribirse previamente no centro xuvenil ás 17.00 horas e un baile infantil de disfraces de 18.00 a 20.00 horas.
O mércores 29 haberá unha sesión de maxia a cargo do Mago Charlangas e o xoves 30 será o concerto de Sons de Celeiro, ambas no centro cívico. E o derradeiro día do ano os pequenos de Xove poderán desfrutar dunha festa infantil ás 11.00 horas no pavillón municipal.
Xa en xaneiro, as actividades comezarán o día 2 coa obra de teatro O Terapeuta a cargo de Pico do Castro, e o luns 3 haberá unha velada de cine con proxección de varias curtas a partir das 19.00 horas.
O día dos nenos será o martes 4 e terán actividades acuáticas na piscina así como inchables no pavillón municipal e o mércores 5 será a esperada Cabalgata de Reis polas rúas do Concello. Ademais os Reis Magos visitarán a Residencia San Bartolo e estarán no centro cívico para falar e sacarse fotos cos cativos. Xa pola tarde a discoteca móbil Decibelio's poñerá o punto e final a unha programación do máis variado.