O día 14 de decembro Xove acolle unha charla informativa sobre Alzhéimer
O próximo día 14 de decembro ás 11.30, terá Iugar na aula de formación da OMIX de Xove, unha charla informativa organizada por Ceafa, Confederación española de asociacións de persoas con Alzheimer e outras demencias, Cinfa, AFA Viveiro e en colaboración co Concello de Xove.
Na devandita formación abordaranse diferentes temas como en que consiste a enfermidade de Alzheimer, os síntomas das persoas afectadas, a importancia do papel do coidador e as directrices mais importantes para coidarse e coidar mellor.
Na mesma informarase dos recursos sociais e servizos que existen actualmente para as persoas que padecen a enfermidade de Alzhéimer.
Esta charla está dirixida aos coidadores de persoas con Alzhéimer e outras demencias, e a todas as persoas que están relacionadas e interesadas co tema. As persoas interesadas en asistir deberán anotarse nos Servizos Sociais Municipais chamando ao teléfono 982 592 001.