O día 12 celebrase o Día polo Decrecemento en Vegadeo
O vindeiro venres día 12 vaise celebrar o Día polo Decrecemento. Unha festa na que se compartirán ideas, experiencias en xuntanzas simultáneas por varias vilas do Noroeste peninsular .
Dende o colectivo Rede para o decrecemento decidiron descentralizar a convocatoria para reducir viaxes e empregar a data en proveito do proceso necesario de construción de comunidades locais resilientes, achegarse a máis persoas e difundir máis eficazmente o Congreso Internacional que terá lugar en Pontevedra este verán.
Trátase dunha convocatoria aberta a todas as persoas que senten que o sistema non camiña cara a mellor, que se vén unha transformación inevitable que convén planificar, e que sospeitamos que eses enormes titanics que son as administracións non van ser quen de modificar a tempo a súa deriva cara o iceberg, polo que cómpre e urxe ir reconstruíndo as comunidades locais", din.
A xuntanza da Mariña - Occidente Astur será na Veiga, no Local de Asociacións, a partir das 19.00 horas. Ás 20.30 farán unha conexión con todas as outras xuntanzas para compartir as conclusións e a enerxía.