O deputado mariñán, José Manuel Balseiro, rexeita a pretensión de Bruxelas de ampliar as zonas de veda

AMariñaXa
O deputado mariñán, José Manuel Balseiro, defenderá unha iniciativa na Comisión de Pesca no Parlamento de Galicia na que propón o impulso dunha fronte común, política e institucional ante a decisión da Comisión Europea de revisar a normativa que levou ao peche para pesca de fondo de 87 areas en augas de España, Portugal, Francia e Irlanda.
balseiro
17 Out 2023

Balseiro insiste na necesidade de evitar calquera pretensión de Bruxelas de ampliar as áreas pechadas á nosa frota, como recomendan algúns informes que manexa a Unión Europea.

“Pediremos a Bruxelas que escoite ó sector e que traballe con el para tomar decisións que atendan á realidade da pesca. O informe do ICES que recomenda ampliar as zonas de veda, está baseado en datos obsoletos e trata por igual a frotas que teñen unha realidade diferente, como son o arrastre ou o palangre de superficie. Non pode ser que volvamos a caer nos mesmos erros do pasado”.

A iniciativa dos populares insta á Xunta de Galicia a dirixise ao Goberno de España para que, na súa condición de Estado Membro da Unión, faga valer os intereses da frota e pida que calquera cambio na normativa sobre zonas vedadas á pesca de fondo se faga co máximo rigor científico e tendo en contra criterios sociais e económicos e non exclusivamente medioambientais.

0.13686800003052