O deputado Antón Gómez-Reino acompañou a Podemos Viveiro no seu acto no Conservatorio Profesional de Música
O deputado Antón Gómez-Reino acompañou a Podemos Viveiro no Conservatorio Profesional de Música. Roberto Yáñez aspirante a rexedor por dita formación, ademáis do número dous da candidatura Carlos Alberto Gueimude, foron arroupados por Gómez-Reino no mitin electoral central da presente campaña.
Yáñez, aproveito para agradecer de novo a Antón o seu gran traballo no Congreso dos Deputados e a defensa da comarca da Mariña e dos e das traballadoras da factoria de Alcoa en San Cibrao: “A labor de Antón xunto ás compañeiras e compañeiros de Unidas Podemos no Congreso é impecable; froito dese traballo cabe destacar a suba do SMI en 4 anos desde os 900 ata os 1.080 euros, un 20% porcentual; a reforma laboral que conseguiu diminuír a temporalidade en España ata o 14,8%; a suba das penisóns contributivas e non contributivas; os permisos de paternidade de 16 semanas, para favorecer a corresponsabilidade nos coidados dos fillos e fillas; o Ingreso Mínimo Vital que beneficiou a 1.700.000 persoas en toda España, sendo un 40 % das mesmas poboación infantil; o establecemento dun tope ao gas e a baixada ou IVE da luz ao 5% para abaratar a factura eléctrica; a eliminación do IVE do 4% nos alimentos básicos para abaratar a cesta da compra; Lei de Benestar Animal e a Lei de Vivenda”.
O candidato de Podemos Viveiro quixo lembrar que “a Lei de Vivenda é unha norma moi necesaria e a primeira da súa índole; foi Podemos quen a impulsou e quen loitou porque se aprobase; consta de varios fitos como a ampliación das zonas tensionadas non mercado do alugueiro; a recarga do IBI a grandes posuidores ( poderase considerar grandes posuidores a aqueles titulares de 5 ou máis inmobles urbanos de uso residencial situados na mesma zona declarada como tensionada); o límite da actualización anual do alugueiro eliminando o IPC; a regulación do prezo dos novos alugueiros en zonas tensionadas; as medidas de protección fronte aos desafiuzamentos e a recarga do IBI para vivendas baleiras (as que leven máis de dous anos baleiras e cuxa/o propietaria/o teña un mínimo de catro vivendas nesa situación). E desde Podemos Viveiro entendemos que a vivenda non pode ser un privilexio e promoveremos un alugueiro alcanzable e social cumprindo esta normativa”.