O departamento de Medio Ambiente de Foz realizou unhas xornadas sobre a xestión de biorresiduos

Foz
AMariñaXa
O departamento de Medio Ambiente de Foz realizou unhas xornadas informativas sobre a xestión de biorresiduos ante a próxima implantación do colector marrón nas rúas do Concello, e outra sobre compostaxe doméstica.
16 Dec 2023

As persoas interesadas en realizar a compostaxe doméstica poden solicitar o composteiro na oficina de Medio Ambiente, no Cenima, chamando ao teléfono 982 133 159 ou no email medioambiente@concellodefoz.es.

Estas xornadas están cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

0.18448996543884