O curso escolar comezará o 11 de setembro para Infantil e Primaria

TerraChaXa | AMariñaXa
Á falta da súa publicación os vindeiros días no DOG (previsiblemente o día 28), o calendario escolar para o vindeiro curso 2019/20 para os centros educativos sostidos con fondos públicos xa está dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
27 Xuño 2019

Deste xeito, para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán o día 11 de setembro de 2019 e rematarán o 19 de xuño de 2020; mentres que para os matriculados en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial o día de inicio de curso será o 16 de setembro e se prolongará ata o 19 de xuño de 2020.
Así mesmo establécense como períodos vacacionais Nadal (desde o 21 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive); Entroido (os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020) e Semana Santa (desde o 4 ata o 13 de abril de 2020). Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 31 de outubro de 2019.
Dita Orde tamén recolle o calendario para o funcionamento dos comedores escolares dos centros públicos, que en Educación Primaria funcionarán desde o 11 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020; e en ESO desde o 16 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020.
 
0.18129301071167