O curso de escaparatismo de Xove foi todo un éxito

AMariñaXa
O Concello de Xove acolle un curso de escaparatismo que será impartido por Jesús atadel, El Chipe. A partir do 26 de setembro
curso escaparatismo non sexista xove
1 Nov 2022

O Concello de Xove acolleu neste pasado mes un curso de escaparatismo en galego non sexista impartido por Jesús Atadel, de El Chipe.

Esta formación de caracter eminentemente práctico na que participaron 10 persoas pertencentes a establecementos locais, traballaron a maneira de colocar o seu produto de forma orixinal, creativa e innovadora procurando chamar a atención da clientela, así como a adaptación do escaparate a cada tempada.

O obxectivo final foi dar ferramentas para crear as condicións propicias para que o comercio local cumpra a súa responsabilidade: ser atractivo e poñer en valor e á vista as fortalezas coas que conta.

Ademais estiveron a artellar o desenvolvemento dunha campaña conxunta de promoción dun Nadal en galego, no que o idioma teña un papel central. Por outra banda, fomentouse o emprego do idioma galego non sexista tanto durante o obradoiro coma nas relacións comerciais diarias e o alumnado xa está a artellar ideas para o desenvolvemento dunha campaña denominada Nadal en galego que reflicta desde os escaparates comerciais do municipio o importante papel do idioma e o apoio mutuo.

0.13753986358643