O curso de aproveitamento da froita en Sante esgota as prazas e consolida o éxito do programa

AMariñaXa
A actividade, impulsada pola Asociación de Veciños de San Julián de Sante coa colaboración do Concello de Trabada, continúa a fomentar o aproveitamento dos recursos locais e a aprendizaxe comunitaria
mercado-froita-mercar
25 Oct 2025

O curso de aproveitamento da froita que terá lugar este domingo na parroquia de Sante volveu cubrir todas as súas prazas, confirmando o gran interese veciñal e o éxito do ciclo formativo promovido pola Asociación de Veciños de San Julián de Sante en colaboración co Concello de Trabada.

A iniciativa, centrada en poñer en valor os recursos propios do medio rural, enmárcase nun programa que xa incluíu outras accións formativas sobre poda, enxerto e apicultura, todas elas cunha notable participación da comunidade.

O alcalde de Trabada, Rubén García, puxo en valor o labor da entidade organizadora e subliñou “o impulso e a implicación da Asociación de Veciños de San Julián de Sante, que está a conseguir excelentes resultados cunha proposta formativa que responde ao interese real da veciñanza por aprender e compartir coñecementos”.

Dende o Concello de Trabada reiteran o seu compromiso co apoio ao tecido asociativo e coa dinamización do rural a través de proxectos que fortalecen a cohesión social e favorecen a transmisión de saberes entre xeracións. Con este tipo de iniciativas, o municipio continúa apostando por un modelo de desenvolvemento baseado no aproveitamento responsable dos recursos locais e na posta en valor do coñecemento tradicional.

⚙ Configurar cookies
0.069333076477051