O cuartel da Garda Civil de Burela conta cunha nova oficina de atención ao cidadán

AMariñaXa
o Cuartel da Garda Civil de Burela conta con unha nova oficina de atención ao cidadán. Está situada no vestíbulo de entrada
sondeseu lugo
31 Mar 2022

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que o Cuartel da Garda Civil de Burela conta cunha nova oficina de atención ao cidadán, mellor preparada para dar atención ao público nestas dependencias da Benemérita. A subdelegada felicitouse porque, tal como sinalou, deste xeito a  Compañía da Garda Civil de Burela, que está ao mando do capitán Carlos Fernández Ginzo, poderá prestar aínda mellor servizo á veciñanza da Mariña que precise dos seus servizo.

Rodríguez indicou que a nova oficina entrou en servizo esta semana, unha vez realizadas as obras de acondicionamento e rematada a instalación dos servizos e equipamentos necesarios para o seu funcionamento. 

As obras, por un importe de 28.155 euros, permitiron crear unha oficina de 26 metros cadrados, que está situada no vestíbulo de entrada do cuartel, para atender aos cidadáns. Para habilitar a estancia aproveitouse un espazo ocupado anteriormente por unha escaleira de caracol que, ao ser eliminada, tamén facilitou a creación dun novo despacho no primeiro piso do inmoble.

O proxecto completouse coa construción dunha rampla para persoas con mobilidade reducida, un novo acceso desde o garaxe e acometéronse outras melloras no chan da planta baixa ou na ubicación da barreira que dá acceso ao portón do garaxe. 

Pola súa parte, o subsector de Tráfico realizou outras melloras nas dependencias que ocupa no cuartel de Burela, neste caso as obras foron para a creación de baños para homes e para mulleres na primeira planta do edificio.

Estas reformas realízanse como paso previo a unha importante actuación nas instalacións da Garda Civil en Burela, anunciada polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nunha recente visita ás dependencias da Compañía de Burela, consistente na mellora da súa eficiencia enerxética con fondos do Plan de Recuperación do Goberno. 

Esta actuación inclúese nun plan que acometerá o Goberno en 16 equipamentos do Ministerio do Interior en Galicia co obxectivo de promover o aforro e a eficiencia enerxética. O investimento, de 21 millóns de euros, procede dos fondos do Plan de Recuperación , Transformación e Resiliencia. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17353701591492