O Cruceiro acolle a Festa do Ramo coas mellores propostas culturais e culinarias

AMariñaXa
O Cruceiro acollerá este primeiro fin de semana de outubro música, gastronomía e actividades para todos os públicos
XOVE-festas-O-Ramo-Cruceiro-2025
Foto recurso
30 Sep 2025

O vindeiro fin de semana, Xuances, na parroquia de Xove, converterase nun epicentro de festa coa celebración da tradicional Festa do Ramo, un evento coñecido pola súa vertente gastronómica, especialmente polos callos que se serven durante a cita.

A programación comeza o venres 3 de outubro coa XVII Festa dos Callos, que contará coa música en directo da Orquestra Capitol e a animación da Disco Móbil Conxuro. O sábado continuará a festa coa sesión vermú ofrecida polo Grupo JB Son, seguida pola verbena nocturna co mesmo grupo e a Disco Móbil Conxuro. O domingo pecharase o programa cunha gran sesión vermú prolongada amenizada polo Dúo D’Caché.

Na presentación do cartaz estiveron presentes membros da comisión organizadora da Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro, entre eles Alejandro Quintas e Rubén e Francisco Sánchez, acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e as concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín.

A comisión organizadora agradeceu a colaboración da veciñanza, así como de comercios, empresas e institucións que contribuíron a facer posible un ano máis esta festa. Ademais, aproveitaron para invitar a veciños e visitantes a gozar da boa gastronomía e da mellor compañía no Cruceiro durante todo o fin de semana. Para garantir a diversión incluso en caso de mal tempo, contarán cunha gran carpa cubrindo o campo da festa.

⚙ Configurar cookies
0.086227893829346