O cribado da Pontenova arroxou un pleno de negativos
O cribado realizado o domingo na Pontenova para detectar posibles novos casos de covid-19 entre a súa poboación ofreceu un pleno de resultados negativos.
As autoridades sanitarias decidiron facer estas probas despois de que o número de positivos alcanzase os doce de forma súbita e ante o temor de que se estive estendendo. Esta cifra deixaba á Pontenova como un dos concellos con maior incidencia do virus, nun momento no que se estaba producindo unha baixada constante a nivel provincial, galego e do Estado.
Ás probas presentáronse 223 veciños que realizaron a correspondente PCR no Lucus Augusti de Lugo. Non acudiron a facer as probas 4 das persoas que se apuntaran.
A día de hoxe o Concello reduciu a súa incidencia e espera as conclusións que ofreza hoxe o comité sanitaria sobre o seu cambio de nivel de alerta, que agora está no medio.