O coro do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, recibe un premio no Certame de panxoliñas

TerraChaXa | AMariñaXa
O coro do colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús logrou o premio á mellor interpretación no VIII Certame de Panxoliñas de Escolas Católicas, que se celebrou en Santiago.
Edificio Hexagono
9 Xan 2019

O coro do colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús logrou o premio á mellor interpretación no VIII Certame de Panxoliñas de Escolas Católicas, que se celebrou en Santiago.
Este concurso, que ten carácter anual, celebrouse o pasado venres, día 14, no colexio La Salle, e participaron 11 coros de colexios das catro provincias galegas.
Neste certame o coro Sagrado Corazón contou con 64 membros, dos case 80 que o compoñen, e estivo dirixido por Mari Carmen Rodríguez Cancelo e Graciela Rolle Sampedro. Interpretaron un popurri de panxoliñas coñecidas e o premio consistiu nun lote de libros, unha reprodución do primeiro mapa de Galicia e unhas lambetadas.

0.21823000907898