O coro de adultos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organiza un concerto na Igrexa de San Francisco

AMariñaXa
Será este próximo sábado e contará coa participación doutras tres formacións corais: a Coral do Centro Social Sagrada Familia, a Coral de Piloño e a asociación musical “Melomanía”
concerto-conservatorio-coro-viveiro-1
13 Apr 2026

A asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Música de Viveiro, en colaboración co Concello, organiza un concerto o próximo sábado 18 de abril, ás 20:30, na Igrexa de San Francisco de Viveiro, no que participarán un total de tres corais que presentarán un repertorio moi variado, interpretando cinco obras por cada agrupación, entre as que se poderán atopar adaptacións para coro de música de películas, música pop ou música popular.

En concreto, participarán a Coral do Centro Social Sagrada Familia, fundada no ano 1980 e dirixida desde 2009 por Lis Teutor, cantante de varias orquestras galegas e coñecida pola súa participación no reality show de Telecinco “Popstars” e nas series de televisión de Galicia “Libro de Familia” e “Os atlánticos”; a Coral de Piloño, fundada na parroquia do mesmo nome no concello da Vila de Cruces en 1995, dirixida por Enrique Viz Otero e que consta de 29 voces que levan a súa música por toda Galicia e Asturias; o coro de adultos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, dirixido por Antonio José Álvarez Neira, con 45 voces que forman parte da Asociación Musical Melomanía de Viveiro; e a asociación musical “Melomanía”, presidida por Mario Vale e que actualmente conta con 121 asociados que aprenden diferentes especialidades instrumentais.

0.10971307754517