O contrario dunha felicitación é isto

RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A psicoloxía da man de Noelia Yáñez que nos leva á interiorización do ser humano, os seus sentimentos e todo o que o rodea.
Noelia castro
16 Feb 2021

Por Noelia Castro Yáñez

Escribo este artigo desde o corazón, desde o único lugar onde non escoitan moitos dos que nos gobernan. Porque o corazón, coma a idade, é un lugar, ou eso me ensinou Manuel Jabois nas súas brillantes entrevistas. Personalmente gústame a estabilidade xa de por si. Os cambios asústanme e as etapas de transición resúltanme convulsas, malia que necesarias, xa sei. Pero a meirande parte de autónomos e propietarias de pequenas e medianas empresas contestarán o mesmo a unha misiva similar. E mais os das grandes, e ata as donas de imperios xigantescos.

Durante unha sobremesa de cando aínda estaban permitidas as reunións con non convivintes, falei con E. sobre as fontes de materiais didácticos. Compartiu conmigo a dificultade para atopar almanaques nos que cada semana comezara polo luns. Case todos se adaptaran á nomenclatura lusa que comeza pola primeira feira para o día do Señor. P. díxolle que que mais lle tiña, que con meniños tan pequenos non había que reparar nesas cousas. E. é mestra de Educación Infantil, e rápido concluiu: “É moi importante establecer rutinas a esa idade.”

Somos xente de rutinas, a esa idade e a todas, funcionamos ben así como sociedade. Xa falei do pracer que me outorga establecer tradicións coma os sábados das tortillas ou os domingos de fútbol. Todo o que se escape de aí, lonxe do que poda parecer é monotonía e aburrimento. Pasamos por unha corentena de quince en quince días e atopamos onde entreternos ata con papel hixiénico, descubrimos que tamén se podía quedar cos amigos por videochamada e pasamos a ter a páxina do BOE en favoritos. Outra xente pasouna enferma, ou con familiares enfermos aos cales non podía acompañar na dor. Entendo o difícil que tivo que ser para os nosos políticos asumir a xestión dun país enfermo, cun virus do cal non sabiamos nada e sempre intento manterme alonxada de valoracións políticas ou comentarios destructivos. Pero ás veces, fáisenos imposible. E estou xeralizando como non se debe facer, porque de seguro que nunca aldea da Fonsagrada teñen un Alcalde que vive para servir ao pobo. Pero non é a norma común, e non falo de ideoloxías nin hai apelido na miña crítica. Hai moita incertidume, a que sembran a diario. Onde onte dixeron digo, hoxe din Diego. Hai centos de miles de persoas agradando por axudas que prometeron e non teñen pensado cumprir. Moreas de xente de risco agardando por vacinas que se revenderon. Enfermos agardando por unha segunda dose que levaron familiares de alcaldes moi sanos. Todo, supostamente, como din na televisión a falta de probas concluíntes. Nunca escoitei ao meu alumnado falar acotío de política, mais alá dalgunha reivindicación puntual que adoitaban publicar nun chío. Pero agora, é raro o día no que non escoito algunha queixa ben argumentada. Eu que sempre trato de buscar unha sinal positiva, penso se esto nos serviría para conectar á xuventude coa política, e nazan aí boas vontades de traballar servindo aos cidadáns.

Como non vou a volver criticar como tal, porque non me gusta, cóntovos algo extrapolable a calquera situación:  O día de apañar as patacas fai uns anos, cun sol que esmechaba que adoitaba coincidir co meu aniversario, ao caer do luscofusco, o meu avó mandoulle a meu pai levar os sachos á palleira. Aos poucos, a miña nai mandoulle ir polas empanadas ao cabozo. E meu pai berrou: “Sobra quen mande!” Libardo replicou axiña, “Pero hai que saber mandar, Ildiño.” Pois iso, que debemos estar mais preto da ciencia para tomar segundo que decisións, e deixarse aconsellar por quen estudou moi duro para iso antes de sair falar para un país triste, moi triste e sumido no desconcerto.

Non obstante, fai uns días vin unha película que versa sobre o perdón e o proceso de sanación logo dun episodio doloroso e quédome cunha frase que anotei para poñela na miña axenda: O perdón non establece ningún tipo de relación. Só se trata de perdoar para deixar de odiar. A dor paraliza a capacidade de amar.

E en realidade, só nos queda isto, perdoar en cantidades industriais.

0.14690017700195