O Conto de Barriga Verde chega a Alfoz o día 19
O salón de actos da casa da cultura de Alfoz acolle o domingo 19 de decembro, ás 18.00 horas un espectáculo de Fran Rei.
Esta obra mestura narración oral, humor e maxia baixo o título O conto de Barriga Verde, e está escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía. Esta obra está dirixida a todos os públicos.
Ao remate da representación teatral terá lugar a entrega de premios do XIX Concurso de Postais de Nadal que un ano máis convoca a Biblioteca Muncipal. Conta con tres categorías: Educación Infantil, 1º ciclo de Ed. Primaria e 2º ciclo de Ed. Primaria cun premio por categoría.
As postais gañadoras serán as imaxes dos calendarios que o Concello de Alfoz repartirá entre as veciñas e veciños para 2022.