O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro ofrece unha xornada de portas abertas
O Concello de Viveiro informa dunha xornada de portas abertas que o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organiza este xoves, día 27 de xuño. A xornada está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, poderán probar os instrumentos e non é necesario anotarse, bastará con acercarse ao conservatorio en horario de 16.30 a 18.30 horas.
“Para o Concello de Viveiro, o ensino musical desde idades moi tempranas é unha prioridade, polo que animamos a participar nesta xornada”, sostén a alcaldesa, María Loureiro. Para mais información sobre a xornada, pódese acudir á secretaría do centro ou chamar ao teléfono 982 56 04 86.
Por outra parte, o conservatorio informa tamén de que se amplía o prazo para os alumnos que desexen matricularse no 1º curso de grao elemental para o vindeiro curso 2024/2025 nas especialidades de guitarra, piano, trompeta, clarinete e percusión.