O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro acollerá en maio cursos gratuítos de música para nenos

AMariñaXa
Serán de Iniciación musical e de Iniciación ao instrumento para alumnos sen coñecementos previos da materia
Conservatorio-Viveiro
Conservatorio Profesional de Música de Viveiro
19 Apr 2025

O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música, organizará en maio cursos gratuítos para que nenos e nenas sen coñecementos previos podan achegarse ao mundo da música.

No Curso de Iniciación ao Instrumento, nenos de entre 8 e 14 anos poderán familiarizarse co clarinete, a frauta traveseira, a gaita, a guitarra, a percusión, o piano, o saxofón, o trombón, a trompeta, o violín e o violonchelo. O prazo de matrícula permanecerá aberto o 5 e 6 de maio e as prazas son limitadas.

En cuanto ao Curso de Iniciación Musical, está dirixido a nenos e nenas que naceron en 2018. Terá un enfoque lúdico. O prazo de matrícula permanecerá aberto entre o 23 e o 25 de abril e as prazas tamén son limitadas.

⚙ Configurar cookies
0.14558506011963