O Conservatorio de Viveiro dá comezo ao seu ciclo de concertos de fin de curso

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro abriu o pasado 20 de maio o seu ciclo de concertos de fin de curso cunha actuación da súa banda no salón de actos do centro. Con este evento, arrinca unha intensa programación que se estenderá até o 20 de xuño e na que participará o conxunto do alumnado.
Un dos concertos máis destacados foi o do 29 de maio no Teatro Pastor Díaz, no que preto de 110 estudantes de grao elemental ofreceron unha actuación con acompañamento de distintas agrupacións instrumentais. Este espectáculo tamén sobresaíu pola súa posta en escena, co decorado a cargo de Raquel Soto Mosquera, profesora de piano e decoradora titulada, que lle dará un toque visual especial ao evento.
Ao longo das próximas semanas, Viveiro acollerá actuacións de gaita, guitarra, piano, coro, grupos eléctricos ou saxofón, entre outros, en espazos como o salón de actos do conservatorio, a Igrexa das Concepcionistas, os Xardíns Noriega Varela ou mesmo as rúas da vila.
A programación inclúe tamén a participación de alumnado adulto e concertos con temática específica, como o xa clásico “Concerto de Los Jueves”, vinculado ao colexio Lois Tobío. O calendario podería ampliarse con novas citas pendentes de confirmación.
Adiantos do calendario de concertos:
2 xuño – Guitarra eléctrica – Salón de actos – 19:00h
3 xuño – Piano – Salón de actos – 19:30h
4 xuño – Guitarra – Salón de actos – 17:30h
5 xuño – Grupos eléctricos – Xardíns Noriega Varela – 18:30h
6 xuño – Piano – Salón de actos – 17:00h
7 xuño – Coro do Conservatorio – Igrexa Concepcionistas – 20:30h
10 xuño – Saxofón – Salón de actos – 17:30h
11 xuño – Instrumentos de adultos – Salón de actos – 19:30h
13 xuño – Corda frotada – Salón de actos – 18:30h
17 xuño – Saxofón – Aula 29 – 18:30h
17 xuño – Vento metal – Salón de actos – 18:30h
19 xuño – Clarinete – Salón de actos – 17:30h
20 xuño – “Los Jueves” – Fin de curso do CEIP Lois Tobío