O Conservatorio de Viveiro acolle a presentación do libro 'María y Coco en Vitaminápolis'
AMariñaXa
O Conservatorio Profesional de Viveiro, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades
12 Xan 2024
O salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro acoller o vindeiro sábado 13 unha charla de María Hernández Bascuñana.
Esta cita será ás 18.30 horas en nela presentarase o seu último libro enfocado a nenos ‘María y Coco en Vitaminápolis. Descubre el poder de las vitaminas’ no que invita a coñecer a función das vitaminas dun xeito ameno e orixinal.
Ademais explica o papel tan fundamental que desempeñan no noso organismo para gozar dunha vida saudable.
María é profesional sanitaria e da educación, enfocada na prevención e abordaxe de desequilibrios ou enfermidades afectadas por procesos inflamatorios e alteracións na inmunidade, nos que participan o sistema endócrino e nervioso en continua interacción.