O Conservatorio de Música de Viveiro impulsa unha recollida de firmas

AMariñaXa
Co fin de solicitar á Xunta de Galicia que asuma os seus gastos, segundo indica o Concello
VIVEIRO-17-DEC-Conservatorio
17 Dec 2024

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro impulsa unha recollida de firmas para solicitar á Xunta de Galicia que asuma os seus gastos. Leva xa 2.400 sinaturas de veciños e veciñas do municipio dende finais de novembro.

O Concello de Viveiro amosou o seu apoio a esta iniciativa instalando na planta baixa da Casa do Concello unha mesa cos formularios correspondentes para a firma, na que aínda se pode colaborar coa causa.

A alcaldesa María Loureiro sinala: "Non se pide nada máis que que a Xunta asuma as súas competencias, xa que se trata dun ensino reglado e autonómico". "Non ten sentido que sexa o Concello quen teña que facer fronte a todos os gastos", engade.

Pola súa banda, a tenenta de alcaldesa Miriam Bermúdez considera que "o gran número de sinaturas acadado nestas poucas semanas amosa o apoio da cidadanía de Viveiro a esta causa, polo que seguiremos loitando ata conseguir o obxectivo".

0.16282200813293