O Consello Alimentario do Eo reúnese para impulsar a producción local

AMariñaXa
No acto participou o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García
deputado-alimentario-eo
19 Dec 2024

Tivo lugar a reunión do Consello Alimentario do Eo, na que a área provincial está integrada xunto a producións agroalimentarias, centros educativos, entidades relacionadas co desenvolvemento rural e gobernos locais da Mariña oriental -Barreiros, Ribadeo, Trabada e A Pontenova - e do Occidente asturiano e que ten como obxectivo o impulso de accións coordinadas no ámbito da produción e do consumo alimentario. Participou no acto o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García.

Na reunión, que se celebrou nas Escolas de San Cosme de Barreiros, o responsábel provincial subliñou “o compromiso da área de Rural coas iniciativas que pulen por un sistema alimentario sustentable para o territorio e digno para as producións locais” e incidiu na importancia de afianzar este modelo para “recuperar superficie agraria” e “camiñar cara unha soberanía alimentaria”, que reduzaa a dependencia de materias primas do exterior e facilite o acceso da poboación a alimentos frescos, locais e de tempada.

Nese marco, dende a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, expresan que veñen colaborando estreitamente coas iniciativas desenvolvidas desde Eo Alimenta nos últimos anos como o Festival Eo de Alimentación Saudable, e impulsou a creación da recén constituída Asociación de Produtoras Eo Alimenta, enfocado na planificación e distribución conxunta de alimentos do territorio.

 

0.089024066925049