O conselleiro do Mar destaca o compromiso da OPP de Burela no vídeo documental sobre a pesca local

AMariñaXa
Alfonso Villares subliña o apoio do Goberno galego á frota mariñá, que recibiu máis de 2,6 millóns de euros da Consellería do Mar
VillaresConselloConsultivo-(2)
14 Feb 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na presentación do vídeo documental A posta en valor da pesca en Burela, onde destacou o compromiso e o traballo da Organización de Produtores Pesqueiros da localidade mariñá como elementos decisivos na competitividade e sostibilidade da súa frota. Deste xeito, o responsable autonómico trasladou a vontade do Goberno galego de seguir apoiando a estas entidades que, no caso da Burela, leva recibidos da Consellería do Mar máis de 2,6 millóns de euros.

E é que esta OPP é unha das primeiras que se constituíron en España. Data de 1.986 e foi creada a iniciativa das Confrarías de Pescadores de provincia de Lugo, logo da integración de España na antiga Comunidade Económica Europea. A frota está formada por embarcacións de catro modalidades, dúas en caladoiros internacionais (palangre de superficie en augas do atlántico norte e sur e palangre de fondo en caladoiros da UE), e dúas en zonas de pesca nacionais (arrastre de fondo e cerco artesanal no Cantábrico e noroeste). As principais especies pesqueiras, por volume de capturas e vendas, así como por tradición, son a pescada de pincho e o Bonito do Norte.

Achegar o oficio do mar á cidadanía

O proxecto audiovisual, presentado hoxe na lonxa do porto, inclúese no Plan de producción da OPP, que ten por obxectivo comunicar e divulgar aspectos positivos do sector centrándose na economía e no emprego xerado, así como achegar os oficios do mar á cidadanía, moi vinculados á historia de Burela, e que poden ser unha opción de futuro para moita xente, contribuíndo así a garantir o relevo xeracional dun réxime con con moita importancia económica.

Conta coa participación de 48 persoas de toda a cadea de valor e está diferenciado en dez bloques, que son os seguintes: a pesca en Burela; tradición e legado familiar; traballo e superación; evolución e modernización das frotas; emprego e conciliación; integración social; dinamización económica; gastronomía e saúde; o futuro; e amor ao mar.

A proxección dá continuidade ao acto celebrado o pasado 19 de decembro en Madrid, na Casa de Galicia, cando se mostrou o trailer deste documental.

0.065413951873779