O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a Residencia de Saúde Mental da Mariña

AMariñaXa
Baixo a denominación 'Conecta co mar. O mar é vida', estanse a realizar distintas actividades vencelladas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio
visita-Residencia-de-Saúde-Mental-da-Mariña
22 sep 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a Residencia de Saúde Mental da Mariña, situada en Cervo, onde comprobou a colaboración levada a cabo dende o departamento que dirixe coa Asociación Saúde Mental da Mariña, e que permite, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Mariña-Ortegal, a cooperación do sector pesqueiro co ámbito social.

Deste xeito, baixo a denominación 'Conecta co mar. O mar é vida', estanse a realizar distintas actividades vencelladas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro e de sensibilización e coidado do medio mariño, co fin de favorecer o benestar psicolóxico e social das persoas con doenzas mentais.

En definitiva, distintas iniciativas que permiten aos destinatarios achegarse de forma activa e consciente ao mundo do mar.

A programación é a seguinte:

  • UN MAR DE DIVERSIÓN, INTEGRACIÓN E CULTURA: onde se encadran actividades orientadas a desfrutar dun tempo de ocio activo e saudable que axude a eliminar pensamentos autolíticos e a sentirse produtivos.
  • UN MAR DE SAÚDE: accións relacionadas co coidado do mar, a sensibilización medioambiental e o coidado da propia saúde.
  • UN MAR DE COÑECEMENTO: proxecto destinado a obter información das Confrarías de Ribadeo, Burela e Celeiro e das redeiras de Burela, así como de aspectos de interese ao longo da historia relacionados co mundo do mar.
0.040563821792603