O conselleiro de Mar resalta os GALP como ferramentas para o desenvolvemento e conservación do patrimonio mariño

AMariñaXa
Llano aposta por manter e potenciar as relacións entre Burela e Cabo Verde. Visitou a vila Hermenio Fernandes.
2024 visita conselleiro Pcuma Rinlo GALP 4
11 Feb 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e polo director do Plan da Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2030 (Pcuma), Óscar Fuertes, mantivo un encontro cos membros do GALP 1 A Mariña- Ortegal en Rinlo para impulsar a estratexia autonómica en favor deste patrimonio.

O titular de Mar destacou a importancia de involucrar ao conxunto da sociedade, das administracións e ao sector marítimo outorgando aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) un papel protagonista no desenvolvemento de proxectos dirixidos á conservación e valorización do patrimonio mariño de Galicia. Un labor, manifestou o responsable autonómico, de especial interese para a comunidade dado o estreito vínculo histórico e cultural da sociedade galega co mar, como demostra a riqueza material e inmaterial vinculada ao mar ao longo de todo o litoral.

Desde o 2016 o GALP A Mariña- Ortegal desenvolveu 132 proxectos dos máis de 700 realizados no conxunto da comunidade, cun investimento en axudas de máis de 5,5 millóns de euros. O colectivo está composto por 47 entidades, o 40% do sector pesqueiro, e agrupan a 2.865 socios, unha cantidade moi significativa da poboación. Se tomamos en conta so as entidades do sector pesqueiro, agrupan a 1.408 persoas, o que representa a sete de cada dez profesionais do sector do mar dos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.

0.18665194511414