O congreso sobre palangre de superficie de Burela esperta gran interés dentro do sector

AMariñaXa
A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organiza o Congreso 'Os Grandes Migradores: xestión sostible e nutrición', que espertou gran interese dentro do sector, con máis de 100 profesionais seguindo o evento de forma presencial ou a distancia, xa que é a única xornada a nivel nacional que trata certas problemáticas.
charla burela palangre superficie 2023 1
27 Out 2023

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organiza o Congreso 'Os Grandes Migradores: xestión sostible e nutrición', que espertou gran interese dentro do sector, con máis de 100 profesionais seguindo o evento de forma presencial ou a distancia, xa que é a única xornada a nivel nacional que trata certas problemáticas.

Na apertura do evento, está a celebrarse esta semana no salón de actos de Armadores de Burela, participaron Sergio López e Juan José Otero, xerente e presidente de OPP-7 Burela; Carmela López, alcaldesa do Concello de Burela; Mónica Corrales, directora xeral de Pesca Sostible do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; e Alfonso Villares, conselleiro do Mar da Xunta de Galicia.

O prato forte da primeira xornada, que se celebrou o xoves pola tarde, foi a intervención de Fernando Magdaleno Mas, subdirector xeral de Biodiversidade Terrestre e Mariña, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, autoridade administrativa que xestionará CITES a partir do 25 novembro: “A xestión da tintorera en CITES a partir do 25 de novembro de 2023”.

Magdaleno explicou o funcionamento de CITES e en concreto as condicións para a xestión da tintorera, detallando como haberá que diferenciar as capturas pre-cites (antes do 25 de novembro) e post-cites, e as capturas entre augas internacionais (necesitaranse certificados de importación e exportación) e dentro da zona económica exclusiva.

O subdirector xeral de Biodiversidade recoñeceu que a xestión do marraxo fora un caos, dando así a razón ao sector, e prometeu que esperan facelo mellor coa tintorera.

Tamén fixo públicos os teléfonos e correos de contacto para a xestión, recomendando que os certificados se soliciten desde augas internacionais e con tempo suficiente para emitir os certificados antes de chegar a porto.

0.22079801559448