O Concurso Gastronómico do Ourizo de San Cibrao premiou aos seus hostaleiros

AMariñaXa
O Concurso Gastronómico do Ourizo de San Cibrao premiou aos seus hostaleiros. A festa do ourizo será o 19 de marzo
Cervo concurso tapas ourizo 2022 4
15 Mar 2022

A casa da cultura de San Cibrao acolleu o Concurso Gastronómico do Ourizo, unha actividade que foi a antesala da XXIX edición da Festa que terá lugar o sábado 19 de marzo en San Cibrao.

En total, os hostaleiros participantes, Buenavista, O Faro, Aquelarre, A Bodega, As Titas e Maruxaina, presentaron 11 tapas ao certame xa que as bases permitían presentar dúas como máximo.

O xurado estaba composto por tres cociñeiros da Mariña: Bruno Pena, Michel Cociña e Juan Rubiños elexiron a tapa Brazo de gitano de A Bodega como a mellor, seguida de Cestas de salpicón e de Canutillos mar y montaña ambas de O Faro.

0.16657495498657