O concurso de figuras de area da praia de Abrela, no Vicedo, contou con 26 participantes
Celebrouse na praia de Abrela, no concello do Vicedo, un concurso de figuras de area. Neste caso foi unha tarde soleada e calurosa que contou cun total de 26 participantes en categorías de infantil a adultos e con premios para os dous primeiros clasificados.
Na categoría de 3 a 5 anos quedaron segundas clasificadas Mariña de 3 anos, e Carmela de 5 anos, con Castillo Mariña, e Mario de 4 anos, gañou o primeiro premio con Mosi.
Na categoría de 6-10 anos os segundos clasificados foron Mario de 8 anos, Marina de 8 anos, e Álex de 9 anos, con MMA. Neste caso Lara de 7 anos, alzouse coa victoria con Pirámide Lara.
Na categoría, 11-16 anos, Julián e Anaís, ambos con 15 anos de idade, quedaron segundos clasificados coa Sirena Anaís e Celia de 11 anos, Aroa de 12 anos, e Lara de 9 anos, gañaron o primeiro premio con Isla Tortuga.
Na categoría de adultos Alba e María Teresa foron as segundas clasificadas con “Vicedo Booguey” e Hector e Albert conseguiron o primeiro premio con “Cangrejo Ermitaño”.
A organización agradece a participación do público e do xurado.