O concurso de Caretas de Entroido de Xove 2023 xa ten os seus premiados
A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove, en especial aos alumnos do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.
Así, nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do Concurso aos gañadores nas distintas categorías:
Os premiados nesta edición na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos) foron, María Moreira Rego, Anais Romero Suárez e Ángel Fernández Riveira. En 1º e 2º de Primaria Jesús Lípez Franco, Pablo García Val e Alma Rodríguez Fra. Na Categoría 3º e 4º de Primaria Alba Maseda Franco, David Burgos Peloche e Nicolás Purriños García.
En 5º e 6º de Primaria foron Óscar Bértolo Casabella, Paula Sánchez Pernas e Álvaro García Casabella, e en 1º a 4 º de ESO os premiados foron Carla Casabella Puñal, Silke Iglesias García e Daniel Bértolo Casabella.