O Concerto Amigos do Folk Brétema, de Viveiro, será o domingo día 23
O Concello de Viveiro acolleu a presentación do Concerto Amigos do Folk Brétema, unha iniciativa que se levará a cabo o domingo día 23 coa intención de achegar a música ás parroquias.
O Centro Social de Vieiro será o escenario, a partir das 18:00 horas, desta actividade organizada por Jesús Chao Da Silva, coa colaboración do Concello de Viveiro, a Asociación do alumnado Adulto do Conservatorio e o propio Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
“Dende o Concello consideramos que a promoción da cultura en xeral, e da música en particular, é una prioridade dentro dos servizos que debemos ofrecer á nosa veciñanza”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“O Conservatorio de Música realiza un traballo exemplar dende hai moitos anos, por iso quixemos colaborar una vez máis con eles nesta actividade”, engade a rexedora que presentou o concerto xunto a Antonio José Álvarez Neira, director do Conservatorio de Música, e Jesús Chao, membro da Asociación de Veciños de Vieiro, da Aula de Adultos do Conservatorio e organizador da cita.