O Concello Traballa continúa traballando na mellora do pavillón municipal

AMariñaXa
O Concello vén de solicitar unha nova subvención por valor de 60.000 euros para realizar o cambio da cuberta das gradas, do acceso principal e do bar
pavillon-municipal-trabada
Pavillón Municipal de Trabada
16 Apr 2025

O Concello de Trabada solicita unha nova subvención á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para a substitución da cuberta das gradas, da zona de acceso e na do bar do pavillón municipal de Trabada.

Rubén Freije, alcalde de Trabada explica que “trala actuación de substitución da cuberta principal do pavillón, desde o Concello elaboramos un novo proxecto para realizar o cambio da cuberta das gradas, do acceso principal e do bar. Desta forma queremos seguir mellorando as nosas infraestruturas e instalacións deportivas. O custo total deste novo proxecto ascende a 60.000 euros”

O pavillón municipal de Trabada conta cunha ampla actividade durante todo o ano, acollendo a clase de ximnasia por parte do alumnado do colexio, a práctica deportiva do Clube Trabada Futsal, adestramentos de patinaxe, actividades da Asociación Xuvenil de Trabada, así como o desenvolvemento de campamentos, programas de conciliación e outras actividades organizadas por diferentes asociacións e clubes coa colaboración do Concello de Trabada.

⚙ Configurar cookies
0.1818060874939