O Concello sacou a licitación as obras de mellora e equipamento da Escola Vella de Rinlo
O Concello sacou a licitación as obras de mellora e equipamento da Escola Vella de Rinlo. O investimento ascenderá a 23.600 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 21 de febreiro.
redactouse un proxecto polo técnico municipal, que ascende a uns 23.600 euros e que recolle todas as suxestións feitas pola asociación de veciños no seu momento, como foron as de arranxar os problemas de humidade, revisar a cuberta, reparar a carpintaría, eliminar os problemas de filtración de auga nos aseos, pintar e reparar a zona do peche da parcela, dotar de radiadores e mobiliario.
O proxecto está en licitación para que todas as empresas profesionais interesadas podan presentar a súa oferta ata o vindeiro 21 de febreiro en sobre pechado, aquí nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo.
Esta obra é posible grazas a un convenio de colaboración interadministrativa entre a Deputación de Lugo e mais o Concello de Ribadeo para financiar as obras de mellora e equipamento, logo de que a axuda que tiveramos solicitada á Xunta de Galicia para este fin a principios do ano anterior, viñera denegada lamentablemente.