O Concello ribadense realiza traballos de mellora na antiga estación do tren mineiro

AMariñaXa
O Concello realiza traballos de mellora, limpeza e peche perimetral de seguridade na antiga estación do tren mineiro.
14 Dec 2021

O Concello realiza traballos de mellora, limpeza e peche perimetral de seguridade na antiga estación do tren mineiro.

Primero fíxose un desbroce inicial polos arredores e agora están procedendo á colocación dun peche perimetral de seguridade no edificio principal, limpando a vexetación e adecentándoo todo na medida do posible. 

Esta superficie foi anticipada ao Concello polos seus propietarios, de acordo co disposto no Polígono Urbanístico do Plan Xeral de Ordenación Municipal. E agora, mentres buscan dende o Concello posibles financiamentos para rehabilitar e darlles un uso axeitados a estes inmobles, queren asegurarse de que non supoñen perigo algún.

Por outra banda, os técnicos están estudando as alegacións recibidas pola outra bolsa de solo contigua, logo de que leve decenios en estado e abandono. Recibiron varias xustificacións de propiedade que estan a estudar. Así, para os terreos que quede acreditado a titularidade de alguén, pois seralle esixido un compromiso de coidado e de seguridade, salubridade e ornato públicos. E para todos aqueles terreos nos que non quede demostrada unha titularidade particular, iniciarase o proceso de inmatriculación pública en favor do Concello de Ribadeo.

0.10008597373962