O Concello ribadense licita o amaño integral de varios camiños en parroquias
O Concello licita o amaño integral de varios camiños das parroquias da vila e do interior cun investimento ascende a arredor de 212.000 euros. O prazo de execución será de 2 meses e as empresas interesadas en presentar as súas ofertas teñen toda a documentación na Plataforma de Contratos do Sector Público, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras no día de hoxe.
En total serán uns 212.454 euros de diñeiro público dun programa que levan a cabo conxuntamente o Concello e mais a Deputación de Lugo co que se pretende executar a mellora dos firmes con aglomerado asfáltico en quente, previa limpeza das gabias. Logo do aglomerado botaráselle zahorra aos corredores laterais para garantir mais anchura e mais seguridade. Tamén se procederá a sinalizar tanto horizontal como verticalmente.
O prazo de execución destes traballos será de dous meses e as empresas interesadas en participar nesta licitación teñen toda a documentación na Plataforma de Contratos do Sector Público.