O Concello ribadense deseñou actividades complementarias para os centros de ensino

AMariñaXa
O Concello deseñou unha proposta de actividades complementarias para todos os centros de ensino de Ribadeo para o curso
colexio gregorio sanz de ribadeo
11 Out 2021

O Concello deseñou unha proposta de actividades complementarias para todos os centros de ensino de Ribadeo para o curso 2021-22 como complemento do currículo educativo e co obxectivo de favorecer unha educación en valores. Haberá, entre outras propostas, exposicións, cine, teatro, obradoiros ou roteiros. 

De xeito transversal as Áreas de Ensino, Igualdade, Mocidade, Cultura, Medio Ambiente e Turismo deseñaron actividades moi variadas e motivadoras das que poderá desfrutar o alumnado ao traballar conxuntamente cos centros  educativos .

A programación púxose en marcha o pasado mes de setembro coas tres actividades do programa Ler Conta Moito e continuará ao longo de todo o curso 2021- 22 con propostas como: exposicións, cine, teatro, encontros literarios,  música, danza, roteiros, obradoiros de elaboración de queixos e limpeza de praias, actividades e obradoiros de igualdade como Conectando, comunicando, socializando… Concurso de historias sobre as ciberviolencias, Sexualidade dende o bo trato, Cambios no corpo, Escape room  rexeita o maltrato, entre outras .

Dende o Concello queren contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado e agradecen a todos os centros a súa participación nesta labor de involucrar oo seu  alumnado nestas iniciativas  na medida das súas posibilidades ou noutras parecidas, pois pode que sexa a única posibilidade real que teñan a maioría de nenas e nenos, de rapazas e rapaces… de coñecer este tipo de propostas.

0.18976402282715