O Concello ribadense anima a utilizar o servizo de recollida de cartón porta a porta
O Concello anima a comercio e a hostalería a utilizar o servizo de recollida de cartón porta a porta, que funciona todos os martes e os xoves pola tarde.
Dende o goberno local o que pretenden é que entre todos, empresarios, Concello e veciñanza, ofrezan a mellor imaxe posible de Ribadeo. Para participar é necesario chamar ao teléfono no que haberá que anotarse é o 664 00 09 32.
Tanto o comercio como a hostalería deberánn deixar os cartóns, a carón das súas portas, ben pregados e encintados. E o resto da veciñanza ten á súa disposición os contedores azuis para depositar papel e cartón, sempre dobrado para introducilo de xeito máis doado neses recipientes.
Tamén piden a colaboración da veciñanza e do sector hostaleiro para que o lixo durante a época estival se deposite nos contedores de orgánico a partires das nove da noite. O obxectivo é evitar cheiros na rúa durante as horas centrais do día, que é cando fai máis calor.