O Concello rendeu homenaxe ás mulleres do Club de Bolos Xove

AMariñaXa
O Concello de Xove celebrará o Día da Muller con actividades durante o mes de marzo. Fixo unha homenaxe ás mulleres do club de bolos
DÍA DA MULLER EN XOVE (2)
13 Mar 2023

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, está celebrando o Día da Muller cun amplo e variado arco de actividades. Así, onte, domingo 12 de marzo foi a homenaxe ás mulleres do Club de Bolos Xove.

A seguinte actividade programada será o martes 14 ás  10.30 horas no salón de actos do Centro Cívico e será unha representación teatral pola igualdade con Trémola Teatro que presentará A Gran pequena inventora, dirixida a nenos de 2 a 5 anos.

Por último, o venres 24 ás 19.30 horas, haberá unha charla sobre saúde en feminino na que se falará sobre o solo pelviano. Estará impartido pola matrona María González Cociña.

DÍA DA MULLER EN XOVE (3)
0.17183804512024