O Concello laurentino mellorou a fachada da casa da xuventude e da gardería
AMariñaXa
O Concello laurentino fixo obras de mellora na fachada da casa da xuventude e na guarderia para solucionar os problemas de humidade.
3 Jun 2021
O Concello laurentino vén de comunicar que fixo obras de mellora na fachada da casa da xuventude e na gardería para solucionar os problemas de humidade que afectaban ó edificio.
Estes traballos consistiron no desmontaxe das chapas onduline que cubrian a fachada pola colocacion dun sistema SATE con EPS de 80mm acabado con mortero acrílico flexible ou pintura acrílica elástica anti moho.
As obras son financiadas pola Deputación Provincial a traves dun convenio de colaboración e o importe ascende a 25.840 euros.