O Concello lanza unha nova edición de 'Cervo Concilia' durante a Semana Santa

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa "Cervo Concilia", co obxectivo de apoiar as familias durante a Semana Santa e facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar nestas datas de lecer. A actividade está pensada para proporcionar aos pais e nais unha opción de lecer e atención para os máis pequenos durante as vacacións escolares.
O prazo para formalizar as inscricións á iniciativa abre este martes e estará aberto ata o vindeiro 8 de abril. As persoas interesadas en participar poden anotarse na Casa da Cultura ou nas oficinas do Concello de Cervo.
O programa "Cervo Concilia" ten como fin ofrecer un espazo de recreo e aprendizaxe para os nenos e nenas, permitindo así que as familias poidan organizarse durante estas xornadas festivas. Esta iniciativa forma parte das accións do Concello para apoiar á poboación e contribuír a mellorar a calidade de vida das familias cervenses.
